Manifesto

Semana de Loita por un tren que vertebre o territorio e arrefríe o planeta

A declaración do ano 2021 como Ano Europeo do Ferrocarril supón unha oportunidade para relanzar e poñer en primeiro lugar de prioridades a defensa do ferrocarril como medio de transporte seguro, ao servizo das persoas e medioambientalmente sustentable.

Os sucesivos gobernos do PP edo PSOE realizaron durante os últimos anos unha política de transporte ferroviario orientada á súa liberalización e privatización, destinando inxentes cantidades de cartos públicosá construción de liñas de alta velocidade que puidesen facer atractiva a chegada de operadores privados e abandonando os investimentos nas liñas ferroviarias normais/convencionais, utilizadas polo95% das persoas que usan o tren. A alta velocidade consumiu grandes investimentos públicos, ten un grande impacto ambiental e enerxético, e contribuíu ao illamento de infinidade de zonas rurais. Esta concepción do transporte afástase do papel de prestación de servizo público, de vertebración do territorio e de reequilibrio territorial que debe xogar o ferrocarril.

A progresiva diminución de servizos nos municipios de menos de 20 000 habitantes está contribuíndo directamente á súa desaparición, xa que as persoas que viven neles precisan desprazarse para acceder a servizos de primeira necesidade como a educación, a sanidade ou as consultas a profesionais de todo tipo. Igualmente, estes servizos de transporte resultan fundamentais para que as mulleres que sofren violencia de xénero poidan ter unha vía de saída do ámbito no que sofren este maltrato, así como acceso a servizos e recursos de diverso tipo. Ademais, unha rede ferroviaria descentralizada e accesible representa un instrumento indispensable para lograr una repoboación xuvenil das zonas baleiradas.

Por outro lado, non podemos esquecer que vivimos nunha situación de emerxencia climática na que o ferrocarril é unha peza clave na imprescindible descarbonización do transporte. A aposta por un errado modelo baseado na estrada e no automóbil debilitou un sistema ferroviario normal/convencional e electrificado, que hoxe debería xogar un papel central na loita climática. É prioritario centrar esforzos no transvase ao ferrocarril de mercadorías e persoas que na actualidade se transportan por estrada. Reivindicamos o ferrocarril como un dos modos de transporte máis eficientes enerxeticamentee con menores emisións; eixe dunha mobilidade sustentable e multimodal que contribúe tanto á construción de cidades máis habitables como ao equilibrio do conxunto do territorio. A estes criterios deberían responder a planificación e debates sobre transporte e mobilidade en todos os ámbitos, desde o máis global aos locais, con actuacións que contribúan responsablemente aoarrefriamento do planeta.

Desde as plataformas polo tren e as organizacións asinantes deste manifesto, conscientes da importancia social, vertebradorae sustentable do transporte ferroviario, trasladámoslle unha proposta á cidadanía para facer posible un xiro radical nas políticas de transporte, e así avanzar cara a un modelo sustentable onde a mobilidade a pé, en bicicleta e en tren sexan a prioridade, e o resto de modos sexan subsidiarios e complementarios en tanto no reduzan ao mínimo a súa agresividade medioambiental.

A proposta baséase nos seguintes aspectos:

  1. Redeseño das cidades e aglomeracións urbanas para priorizar un sistema de mobilidade baseado nos desprazamentos a pé, en bicicleta, en tren e noutros modos de transporte público colectivo.
  2. Redeseño da oferta de servizos das empresas ferroviarias públicas (estatais e autonómicas) para garantir un sistema multimodalecadenciado de conexións que integre de forma adecuada os servizos rexionais cos de grandes distancias. Iso, co obxectivo de lles facilitar a todas as poboacións, directamente ou a través das cabeceiras de comarca, a accesibilidade aos bens, servizos e contactos coas demais persoas, podendo ir e volver ao seu concello de referencia na mesma xornada.
  3. Establecemento de criterios sociais, especialmente no medio rural, para combatera redución e eliminación progresiva dos servizos de transporte ferroviario, causa fundamental do despoboamento e o illamento.
  4. Garantía de acceso universal ao tren a todas as persoas usuarias, tanto en termos de accesibilidade (para o conxunto da poboación e con tarifas sociais destinadas a colectivos vulnerables) como mediante a eliminación das barreiras que impiden o acceso a trens e estacións.
  5. Redeseño das prazas ocupables nos trens ou, de ser o caso, utilización dos coches furgón xa existentes coa finalidade de facilitar o acceso a estes da cidadanía para que poida viaxar coa súa bicicleta. Así mesmo, adaptación dos vehículos con espazos exclusivos para bicicletas ou, polo menos, con asentos abatibles que permitan otransporte de bicicletas con garantías.
  6. Incremento substancial dos investimentos na renovación e actualización das infraestruturas das liñas de tren convencional, executando na súa totalidade as partidas orzamentarias asignadas. Estes investimentos deben ser prioritarios fronte á alta velocidade, para a que pedimos unha moratoria na construción de liñas, reorientando as xa construídas para permitir a intermodalidade co ferrocarril normal/convencional e outros modos de transporte sustentables.
  7. Recuperación, en concordancia coa tendencia europea para este tipo de servizos, dos trens nocturnos suprimidos, ademais de incrementar a oferta de circulacións nocturnas. O obxectivo é conectar tantoos territorios periféricos como as comunidades autónomas afastadas entre si, xunto coa implantación de enlaces transeuropeos máis alá das nosas fronteiras con Portugal e Francia.
  8. Recuperación de todas as circulacións suprimidas e paradas eliminadas (total ou parcialmente) nos últimos anos, como consecuencia da aplicación de obrigación de servizo público (OSP) por parte do Goberno, incluíndo na listaxe de OSP todos os trens, independentemente do tipo de subvención que garante o seu mantemento, e mellorando os seus horarios e tempos de viaxe.
  9. Potenciación do transporte de mercadorías por ferrocarril dentro da rede básica que cubra todo o territorio.
  10. Recuperación ereapertura de liñas pechadas, aproveitando as infraestruturas, os percorridos e as estacións existentes, de acordo cunha proposta de servizos que atenda as necesidades de conectividade territorial.
  11. Fortalecemento das redes de proximidade existentes e creación, de forma progresiva, de novas redes en todas as aglomeracións urbanas e en especial naquelas comunidades autónomas e capitais de provincia que non dispoñen delas, relacionando as capitais co seu alfoz sobre un tempo de viaxe dunha hora e unha frecuencia mínima cadenciada cada hora, dándolles servizo a todas as localidades situadas no trazado ferroviario.
  12. Protección das empresas públicas ferroviarias con compensacións que permitan abaratar o prezo dos billetes e minimizar o impacto da competencia.
  13. Electrificación de liñas da rede básica ferroviaria e introdución, nas restantes, desistemas de tracción alternativos libres de emisións de gases con efecto de invernadoiro, para o abandono progresivo do transporte ferroviario con tracción diésel.
  14. Compromiso por parte das empresas ferroviarias públicas de utilización de enerxías renovables para todos os servizos e instalacións ferroviarias.
  15. Paralización dos procesos de privatización do transporte ferroviario e compromiso de mantemento das empresas ferroviarias dentro do ámbito do público.
  16. Defensa dun ferrocarril público con emprego público de calidade, estable e con dereitos laborais.

Lista de Adhesións

  • Absolucion jóvenes de las vías
  • Aliança per l'emergència climàtica València
  • Alianza por Clima
  • Alianza Verde
  • Anticapitalistas
  • Anticapitalistas Valladolid
  • ANTROPOLOGIA GLOBAL
  • ASAMBLE X EL CLIMA DE VALLADOLID
  • ASCIVA; ASAMBLEA CICLISTA DE VALLADOLID
  • Asociación Asturiana de Amigos de la Naturaleza (A.N.A.)
  • Asociación de Consumidores y Usuarios en Acción - FACUA
  • Asociación de Vecinos de La Alberca
  • Asociación Española de Educación Ambiental
  • Asociación Española de Educación Ambiental
  • Asociación Española Educación Ambiental
  • ASOCIACIÓN REGION DE MURCIA LIMPIA
  • Asturies pol Clima ApC
  • ATTAC País Valencià
  • CCOO
  • CCOO
  • CCOO de La Rioja
  • CGT Valladolid
  • CGT-PV
  • CGT-Valladolid
  • CMPA
  • COESPE-Pensionistas de Tota
  • Colla Ecologista La Carrasca-Ecologistes en Acció d'Alcoi
  • Col·lectiu Punt 6 SCCL
  • Col·lectiu Soterranya
  • Consejo de la Juventud de España
  • Coordinadora Ecoloxista d'Asturies
  • Coordinadora Ecoloxista d'Asturies
  • DOCENTES UNIDOS MURCIA
  • Ecologistas en Acción
  • Ecologistas en Acción Región Murciana
  • El Sindicato Ferroviario Intersindical Región de Murcia apuesta y se adhiere al manifiesto en defensa del ferrocarril y apuesta por un ferrocarril que enfrie el planeta y vertebre el territorio.
  • Esquerra Unida del País Valencià
  • FACUA CASTILLA Y LEON
  • Fundación Ecología y Desarrollo - ECODES -
  • Ganemos Palencia
  • Greenpeace
  • Intersindical Andaluza - Confederación
  • Intersindical Valenciana
  • IZQUIERDA UNIDA-VERDES R. M.
  • La Garbancita Ecológica S. Coop. Mad. Consumo Responsables
  • La Ribera en Bici
  • Madres por el Clima Región de Murcia
  • Más País Extremadura
  • Mesa por el Clima de Granada
  • Monegros no pierdas tu tren (particular)
  • Movemos Europa (WeMove)
  • Movimiento por el Tren Ruta de la Plata
  • Mundo Obrero Radio
  • Murcia en Bici
  • Parque central sin especulación
  • Persona Individual (Monegros no pierdas tu tren)
  • Plataforma de defensa del ferrocarril de CGT
  • Plataforma de defensa del ferrocarril de CGT
  • PLATAFORMA DEL VOLUNTARIADO DE LA REGIÓN DE MURCIA
  • Plataforma Emergència Climàtica Elx
  • Plataforma por el ferrocarril Directo Madrid- Aranda- Burgos, Línea 102.
  • Plataforma por el Ferrocarril Directo Madrid-Aranda de Duero-Burgos, LÍNEA 102
  • Plataforma por la Salud y Sanidad Publica de Adturias
  • Plataforma por un Nuevo Modelo Energético
  • Plataforma Salmantina en Defensa del Ferrocarril
  • Plataforms Salud Sanidad Publica
  • Podemos Asturies
  • red sevilla por el clima
  • Rodamons
  • Sector ferroviario CCOO Castilla y Leon
  • Sindicato Ferroviario (SF-Intersindical)
  • SINDICATO FERROVIARIO ANDALUCÁ
  • SOTERMUN
  • STACYL
  • STE ÁVILA
  • STECYL VALLADOLID
  • STELE
  • STEPALENCIA
  • stezamora
  • SUATEA (Sindicato Unitario y Autónomo de Trabajadortes de la Enseñanza de Asturias)
  • Teachers for Future Spain
  • Unión General de Trabajadoras y Trabajadores (UGT)
  • UNION SINDICAL OBRERA
  • USO
  • USO
  • USO Asturias
  • USO-Asturias
  • Vega Sur te Quiero Verde
  • Xúquer Viu
  • Extinction rebellion España
  • Extinctión Rebellion Málaga